Información e comunicación

No período de programación 2014-2020, as autoridades europeas decidiron dar maior relevancia e visibilidade á información e á comunicación para dar a coñecer os logros e os obxectivos obtidos cos fondos da Unión Europea.

A información e comunicación dos obxectivos da política económica da Unión Europea, as oportunidades de financiamento e os resultados dos proxectos son elementos esenciais para o novo período de programación.

O obxectivo xeral desta política de comunicación é informar sobre a existencia dos fondos comunitarios, o seu contido; a forma de acceso; as oportunidades de financiamento; o momento da súa execución e os seus obxectivos e logros. O obxectivo final é que a cidadanía coñeza como se invisten os fondos da Unión Europea.

A política de comunicación indicada anteriormente, e cuxa execución corresponde ao organismo intermedio ten a súa tradución práctica na Estratexia de Comunicación 2014-2020 dos Programas Operativos FEDER e FSE de Galicia, así como na Guía de Comunicación 2014-2020 dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia, aos que se pode acceder nesta sección.