Máis información sobre Fondos Europeos Máis información sobre Fondos Europeos

O obxectivo da posta en funcionamento do Sistema de Información sobre Fondos Europeos da Xunta de Galicia é o establecemento dun sitio único que proporcione información sobre os logros da Unión Europea e sobre como se invisten os seus recursos financeiros. 

Esta información céntrase no período de programación 2014-2020 e,  máis singularmente, naqueles programas operativos rexionais de Galicia. Pero tamén se poderá obter información sobre os programas operativos plurirrexionais nos que Galicia participa no período 2014-2020.

Ademais terase acceso a documentación referida a períodos de programación anteriores, concretamente para o período 2000-2006 e para o período 2007-2013.

Por último, inmersos no proceso de reflexión e debate do período post 2020 , tamén se poderá acceder a documentos relacionados coa política rexional comunitaria despois de 2020.

A esta información accederase a través do seguinte enlace: Planificación e Fondos - Consellería de Facenda