Operacións

Neste apartado poderase obter, para cada fondo, información sobre as operacións aprobadas en cada un dos correspondentes programas operativos. Así mesmo, facilítase información sobre as licitacións públicas de contratos e a convocatoria de subvencións financiadas cos devanditos fondos desde o 1 de xaneiro de 2019.

¿Que é unha operación no marco dos fondos europeos?

Segundo o artigo 5 do Regulamento (UE)  nº 1303 do Parlamento Europeo e do  Consello, do 17 de decembro de 2013, unha OPERACIÓN defínese como un proxecto, contrato, acción ou grupo de proxectos seleccionados polas autoridades de xestión do programa de que se trate, ou baixo a súa responsabilidade, que contribúan a alcanzar os obxectivos dunha ou varias prioridades.

 

As prioridades de investimento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, atópanse definidas no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Esas prioridades son as seguintes:

  1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación
  2. Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación
  3. Mellorar a competitividade das pemes
  4. Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores
  5. Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos
  6. Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos
  7. Promover o transporte sustentable e eliminar os obstáculos nas infraestruturas de rede fundamentais
  8. Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral
  9. Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera discriminación
  10. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e a aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas de educación e formación
  11. Mellorar a capacidade institucional da administración pública e as partes interesadas e a eficiencia da administración pública mediante medidas de reforzo das capacidades institucionais e da eficiencia das administracións públicas e dos servizos públicos relacionados coa aplicación do FEDER, e o apoio ás medidas do FSE de reforzo da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública.
 

No caso do Fondo Social Europeo, FSE, esas prioridades de investimento establécense no artigo 3 do Regulamento (UE)  nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Esas prioridades son as seguintes:

  1. Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral
  2. Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación
  3. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e a aprendizaxe permanente
  4. Mellorar a capacidade institucional das autoridades públicas e as partes interesadas e a eficiencia da administración pública

 

Nesta sección poderá consultar: