Contido Contido

Neste sistema de información poderase obter información sobre cuestións tales como as distintas políticas da Unión Europea; os aspectos básicos relacionados coa xestión dos fondos comunitarios; a normativa comunitaria; os distintos programas operativos; as operacións que se financian cos distintos fondos europeos; os indicadores dos obxectivos alcanzados; as medidas de información e comunicación nesta materia e as medidas de loita contra a fraude.

Ao longo dos varios apartados deste sistema de información iranse desenvolvendo as ditas cuestións e, igualmente, poderase acceder a un importante volume de documentos que, acompañados das correspondentes explicacións, facilitan a comprensión da información que se pon a disposición da cidadanía para que esta coñeza a xestión dos fondos que a Unión Europea atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2014-2020.