Normativa fondos comunitarios

Os obxectivos dos Tratados da UE alcánzanse por medio de distintos tipos de actos lexislativos, que poden ser vinculantes ou non e de aplicación a todos os países da Unión Europea ou só a uns poucos.

Os ditos actos lexislativos poden adoptar as seguintes formas:

  • Regulamentos: son actos lexislativos vinculantes, que deben aplicarse na súa integridade en toda a Unión Europea.
  • Directivas: son actos lexislativos nos cales se establecen obxectivos que todos os países da Unión Europea deben cumprir. Corresponde a cada país elaborar as súas propias leis sobre como alcanzar eses obxectivos. 
  • Decisións: son actos lexislativos vinculantes para aqueles a quen se dirixe e son directamente aplicables. 
  • Recomendacións: son actos lexislativos non vinculantes. Permiten ás institucións dar a coñecer os seus puntos de vista e suxerir unha liña de actuación sen impoñer obrigacións legais a quen se dirixe.
  • Ditames: son instrumentos que permiten ás institucións facer declaracións de maneira non vinculante, é dicir, sen impoñer obrigacións legais a quen se dirixe. Poden emitilos as principais institucións da UE (Comisión, Consello e Parlamento), o Comité das Rexións e o Comité Económico e Social Europeo. 

Nesta sección poderase acceder á normativa que regula os fondos europeos, tanto a aquela de aplicación común para a totalidade dos fondos estruturais e de investimento europeos como aquela de aplicación específica a cada un dos devanditos fondos.
Para máis información nesta materia, tamén se poderá acudir ao servizo de publicación en liña de textos lexislativos da Unión Europea a través desta ligazón:

Acceso ao Dereito da Unión Europea

 

Nesta sección poderá consultar: