Seguimento Seguimento

A normativa europea establece que os Estados membros deben facer un seguimento dos programas operativos para examinar a execución e os avances na consecución dos seus obxectivos.

Para iso deben crear comités de seguimento, de acordo co seu marco institucional, xurídico e financeiro.

Entre as funcións dos comités de seguimento poderían sinalarse:

  • Examinar a execución do Programa Operativo e o avance na consecución dos seus obxectivos.
  • Examinar todas as cuestións que afecten ó rendemento do programa.
  • Emitir, no seu caso, o oportuno ditame sobre calquera modificación do Programa proposto pola autoridade de xestión.
  • Pode enviar comentarios á Autoridade de xestión sobre a execución e avaliación do Programa.
  • Examinar e aprobar a execución e informes finais do programa operativo
  • Examinar e aprobar a estratexia de comunicación do programa operativo

A súa constitución debe realizarse no prazo de tres meses a partir da data en que se notifique ao Estado membro a decisión pola que se adopte un programa operativo.

No caso do Programa Operativo FSE  Galicia 2014-2020, a dita constitución tivo lugar o 16 de febreiro de 2016.

En canto ao seu funcionamento, a normativa comunitaria prevé que cada comité de seguimento adoptará o seu regulamento interno ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:

O Estado membro decidirá a composición do comité de seguimento, que estará composto por representantes das autoridades competentes do Estado membro do que se trate e os organismos intermedios e representantes dos socios, entendidos como as autoridades locais, os interlocutores económicos e sociais e os representantes da sociedade civil.

 

Unha das funcións dos comités de seguimento é a de examinar e aprobar os informes de execución anuais e o final dos programas operativos.

De 2016 a 2023 inclusive, os Estados membros presentarán á Comisión Europea un informe anual sobre a execución do programa operativo no exercicio financeiro anterior.

Os informes de execución anuais presentarán a información clave sobre a execución do programa e as súas prioridades en relación cos datos financeiros, os indicadores comúns e específicos do programa operativo e os valores previstos cuantificados. Tamén exporán unha síntese das conclusións de todas as avaliacións do programa operativo dispoñibles durante o exercicio anterior, calquera asunto que afecte ó rendemento do programa, así como as medidas adoptadas.

Os informes de execución anual e final estarán a disposición do público, así como un resumo para o cidadán dos seus contidos.