Boas prácticas
En materia de información e comunicación debe destacarse a importancia das boas prácticas, cuxa detección, análise e transferencia constitúen unha ferramenta importante para a xestión pública e un elemento fundamental para o intercambio de experiencias positivas que contribúan a aumentar a visibilidade dos resultados obtidos coa política europea en Galicia. Son considerados un instrumento importante para medir o impacto cualitativo asociado coa aplicación dos fondos comunitarios en Galicia.
Para ser considerada unha boa práctica, toda actuación deberá cumprir unha serie de requisitos que, de forma breve, se recollen a continuación:
- Valor engadido que, respecto ós obxectivos da actuación, supón a recepción de fondos europeos respecto ós obxectivos da actuación.
- Difusión conveniente da actuación, valorando especialmente a difusión a través de calquera medio de comunicación.
- Grao de cobertura sobre a poboación á que vai dirixida en termos tanto de beneficiarios directos como sobre ámbitos de poboación máis amplos.
- Incorporación de elementos innovadores da actuación, que pode estar vinculado ás tecnoloxías, a procesos, a servizos facilitados, a distintas ferramentas empregadas para poñelo en marcha, etc.
- Aplicación dos criterios horizontais de igualdade de oportunidades e non discriminación así como responsabilidade social e de sustentabilidade ambiental.
- Contribución á resolución dun problema ou debilidade detectada no ámbito territorial de execución
- Sinerxías con outras políticas ou instrumentos de intervención pública, valorando se a actuación reforzou a actuación doutros fondos (tanto rexionais, como nacionais, como europeos) e contribuíu a potenciar os efectos positivos dos mesmos.
As boas prácticas aprobadas están suxeitas á difusión pública, a través das seguintes ligazóns:
- Restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios de San Caetano (versión castelán)
- Restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios de San Caetano (versión inglés)
- Nova estación intermodal de Santiago de Compostela (versión castelán)
- Nova estación intermodal de Santiago de Compostela (versión inglés)
- Elaboración e implementación da Estratexia Galega de Cambio Climático (versión castelán)
- Elaboración e implementación da Estratexia Galega de Cambio Climático (versión inglés)
- Programa Re-acciona para mellorar a competitividade nas empresas galegas (versión castelán)
- Programa Re-acciona para mellorar a competitividade nas empresas galegas (versión inglés)
- Vial de conexión da autovía A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas (versión castelán)
- Vial de conexión da autovía A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas (versión inglés)
- Conservación e posta en valor no conxunto monumental do Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (ES)
- Conservación e posta en valor no conxunto monumental do Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (ENG)
- Liña de axudas a proxectos Piloto Fábrica 4.0 para conseguir unha fábrica intelixente (ES)
- Liña de axudas a proxectos Piloto Fábrica 4.0 para conseguir unha fábrica intelixente (ENG)
- Liña de axudas para as Unidades Mixtas de Investigación (versión castelán)
- Liña de axudas para as Unidades Mixtas de Investigación (versión inglés)
- Mellora do saneamento e depuración da ría de Arousa. Aglomeración de Boiro (versión castelán)
- Mellora do saneamento e depuración da ría de Arousa. Aglomeración de Boiro (versión inglés)
- Adquisición e montaxe de equipamento para o novo Hospital de Vigo (versión castelán)
- Adquisición e montaxe de equipamento para o novo Hospital de Vigo (versión inglés)
- Itinerario peonil e ciclista na PO-308 (versión castelán)
- Itinerario peonil e ciclista na PO-308 (versión inglés)
- Acondicionamento e posta en valor do Camiño Primitivo (versión castelán)
- Acondicionamento e posta en valor do Camiño Primitivo (versión inglés)
- Adquisición de vehículos contra incendios forestais (versión castelán)
- Adquisición de vehículos contra incendios forestais (versión inglés)