Organismos intermedios
Para o Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 foi designado como órganismo intermedio a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda. Nesta sección pode acceder ao contido dos acordos para a atribución das funcións dos ditos programas operativos:
A estrutura orgánica da Consellería de Facenda está regulada no Decreto 30/2017, do 30 de marzo, modificado polo Decreto 11/2019, do 7 de febreiro e polo Decreto 69/2019, do 27 de xuño. En concreto, na súa sección 2ª establécense as competencias da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. Na dita sección recóllense, a nivel de subdirección xeral e de servizo, as unidades administrativas que participan na xestión e control dos fondos comunitarios nos que a dita dirección xeral actúa como organismo intermedio. Do mesmo xeito, tamén se detallan as funcións que realizan estas unidades.
Nesta sección, ademais de poder acceder ao Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, e ás súas modificacións, tamén se recolle un organigrama das unidades administrativas da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos que participan na xestión e control dos fondos comunitarios nos que actúa como organismo intermedio diferenciado para o Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
- DECRETO 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.
- CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.
- DECRETO 11/2019, do 7 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.
- DECRETO 69/2019, do 27 de xuño, polo que se modifica o Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.
- Organigrama FEDER