Normativa fondos comunitarios
Os obxectivos dos Tratados da UE alcánzanse por medio de distintos tipos de actos lexislativos, que poden ser vinculantes ou non e de aplicación a todos os países da Unión Europea ou só a uns poucos.
Os ditos actos lexislativos poden adoptar as seguintes formas:
- Regulamentos: son actos lexislativos vinculantes, que deben aplicarse na súa integridade en toda a Unión Europea.
- Directivas: son actos lexislativos nos cales se establecen obxectivos que todos os países da Unión Europea deben cumprir. Corresponde a cada país elaborar as súas propias leis sobre como alcanzar eses obxectivos.
- Decisións: son actos lexislativos vinculantes para aqueles a quen se dirixe e son directamente aplicables.
- Recomendacións: son actos lexislativos non vinculantes. Permiten ás institucións dar a coñecer os seus puntos de vista e suxerir unha liña de actuación sen impoñer obrigacións legais a quen se dirixe.
- Ditames: son instrumentos que permiten ás institucións facer declaracións de maneira non vinculante, é dicir, sen impoñer obrigacións legais a quen se dirixe. Poden emitilos as principais institucións da UE (Comisión, Consello e Parlamento), o Comité das Rexións e o Comité Económico e Social Europeo.
Nesta sección poderase acceder á normativa que regula os fondos europeos, tanto a aquela de aplicación común para a totalidade dos fondos estruturais e de investimento europeos como aquela de aplicación específica a cada un dos devanditos fondos.
Para máis información nesta materia, tamén se poderá acudir ao servizo de publicación en liña de textos lexislativos da Unión Europea a través desta ligazón:
Acceso ao Dereito da Unión Europea
Nesta sección poderá consultar: