Obxectivo
No novo período de programación 2014-2020 é importante dar a coñecer ao público en xeral os logros dos fondos da Unión Europea así como concienciar sobre os obxectivos da política de cohesión. Os cidadáns han de ter o dereito a saber como se invisten os recursos financeiros da Unión Europea. Para iso pensouse nunha ferramenta única que permita agregar esta información e presentala dunha maneira accesible e transparente.
Este é o obxectivo ao que responde a posta en funcionamento do Sistema de Información sobre Fondos Europeos da Xunta de Galicia. Supón o establecemento dun sitio único que proporcione información sobre os programas operativos, sobre as oportunidades de financiamento, sobre as operacións financiadas e sobre os beneficiarios dos proxectos que obteñen financiamento con cargo a fondos da Unión Europea.