Procedementos e sistemas
Unha vez aprobados os programas operativos, e para levar a cabo a súa execución, é necesario dispoñer dunha serie de documentos que establezan detalladamente quen intervén na dita execución e as súas funcións, así como os distintos procedementos aos que haberá de aterse dita execución.
Os ditos documentos básicos son os documentos de descrición de funcións e procedementos e os documentos de criterios e procedementos de selección de operacións. Procederase á súa actualización cando sexa necesario para recoller calquera modificación que puidese producirse nas materias que son obxecto de desenvolvemento nos mesmos.
Estes documentos pódense completar con manuais de procedemento e as circulares que, se é o caso, poidan ditarse para desenvolver aspectos específicos da xestión dos fondos comunitarios.
Os documentos descrición de funcións e procedementos regulan aspectos tales como:
- As funcións e o organigrama do organismo intermedio e dos órganos xestores do Fondo Social Europeo.
- Os procedementos para a selección de operacións que poderían ser financiadas polo Fondo Social Europeo.
- Os procedementos de verificación de operacións que poden ser financiadas polo Fondo Social Europeo.
- Os procedementos para garantir medidas eficaces e proporcionadas contra a fraude.
Nesta sección poderase acceder o Documento de descrición de funcións e procedementos do organismo intermedio para as actuacións confinanciadas polo FSE en España no periodo de programación 2014-2020 no Programa Operativo de Galicia.
Entre as materias que se regulan no documento anteriormente mencionado pódese destacar o procedemento de selección de operacións que poden ser financiadas polo Fondo Social Europeo.
O programa operativo FSE Galicia 2014-2020 inclúe, para cada unha das prioridades de investimento incluída nos diferentes eixes, unha descrición indicativa dos principios reitores para a selección de operacións.
Asumindo e incorporando os ditos principios reitores elaborouse un documento de criterios e procedementos de selección de operacións, transparente e non discriminatorio, para garantir a achega das operacións para alcanzar os obxectivos e resultados específicos das prioridades de investimento identificadas, todo isto tendo en conta os principios horizontais de promoción da igualdade entre homes e mulleres e non discriminación e desenvolvemento sostible.
Neste documento, para cada actuación indícanse datos descritivos e, en particular, os criterios que haberán de cumprirse na selección e na priorización de operacións no marco da dita actuación.
Este documento, e as súas modificacións, ten que ser aprobado no correspondente comité de seguimento e é de acceso público a través da seguinte ligazón:
Partindo do feito de que o período de inicio de elexibilidade dos gastos comeza o 1 de xaneiro de 2014, a execución das operacións susceptibles de ser financiadas polo Fondo Social Europeo pode iniciarse con anterioridade á aprobación do documento de criterios e procedementos de selección de operacións e mesmo antes da aprobación do programa operativo. Así ocorreu no caso do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
Coa finalidade de garantir que as operacións iniciadas con anterioridade á aprobación do documento indicado no parágrafo anterior resulten elixibles, aprobouse un procedemento transitorio de xestión e control a aplicar con carácter previo á designación do organismo intermedio e á validación do sistema de xestión e control.
Este procedemento transitorio articulouse a través da Circular C1/1420, prorrogada mediante a Circular C2/1420, ás que se poderá acceder nesta sección:
- Circular DXPF C1/1420 relativa á autorización previa das operacións susceptibles de recibir financiación no marco dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020 e Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020, que se inicien con anterioridade á aprobación dos Programas e os correspondentes documentos de criterios de selección de operacións
- Circular DXPF C2/1420, pola que se prorroga a vixencia da Circular DXPF C1/1420 ata a aprobación dos Sistemas de Xestión e Control dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020 e Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 (POEJ)
Con estas circulares trátase de garantir a adecuada configuración das operacións, o seu encaixe dentro dos parámetros de subvencionabilidad do Fondo Social Europeo e a conformidade coa normativa aplicable.